O sector audiovisual é un dos ámbitos estratéxicos no desenvolvemento cultural de Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo encargado da planificación e xestión das liñas de fomento do tecido empresarial audiovisual, do desenvolvemento do talento técnico e creativo, da innovación e da súa promoción exterior.
Para a proxección internacional do audiovisual galego a Consellería de Cultura e Turismo conta, ademais, cunha liña de internacionalización en colaboración co Igape, como fórmula de crecemento empresarial, xunto coa innovación e a mellora competitiva.
Despendente de Agadic, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dedícase á recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como á programación de actividades que favorezan un maior coñecemento das artes da imaxe.