Percorrer o tempo: Cristina de Middel

La trayectoria de las montañas

Esta serie propón unha actualización do mapa espiritual e un percorrido polas novas formas de fe que se atopan na Península Ibérica. Unha exploración de maneira non exhaustiva dos novos lugares santos minoritarios e periféricos á Igrexa católica, os novos milagres e as expresións relixiosas dunha España aberta a outras culturas e outros panteóns. Sen posibilidade de calibrar o dogma e avaliar unha crenza por encima doutra, o proxecto visita espazos nos que se materializa a fe mesturada coa superstición. Un panorama da fe nun país no que as montañas levan séculos sen moverse.

 

Cristina de Middel (Alacant, 1975)

Asociada da axencia Magnum desde 2017, vive e traballa entre México e Brasil. O seu traballo investiga a ambigua relación que ten a fotografía coa verdade.

Despois de 10 anos como fotoxornalista e como fotógrafa humanitaria, De Middel deu un paso para afastarse da mirada tradicional e producir a aclamada serie The Afronauts en 2012. Desde entón produciu máis de 13 proxectos e publicacións que responden á necesidade de redefinir a práctica documental coa fin de explicar dunha maneira máis completa e diversa o mundo no que vivimos. Esta produción e formulación valeulle varios recoñecementos, como o Infintiny Award del ICP en NYC en 2012, ou o Premio Nacional de Fotografía en 2017.

O seu traballo mostrouse en máis de 50 exposicións internacionalmente e forma parte de coleccións como a Tate Modern ou a National Gallery de Victoria. De Middel compaxina a creación fotográfica co comisariado, a docencia e a promoción de novas voces fotográficas que xorden da periferia a través da plataforma Vist.