Dawn walks behind Dawn
Vídeo HD. 5 min.
A partir do estudo das referencias históricas e iconográficas do contexto do Camiño de Santiago e de Galicia, propoño unha nova visión a través de composicións fotográficas híbridas.
Esta serie é un intento de viaxe inmóbil arrolada no tempo e o espazo, onde as formalizacións de presenza e ausencia desbordan as súas normas. Unha colisión quimérica de elementos, unha realidade duplicada á marxe. Imaxe da imaxe, como un eco. Esta peregrinación segue sendo unha aprendizaxe da travesía.
Michel Le Belhomme (Rennes, 1973)
Michel Le Belhomme vive e traballa en Rennes, Francia. Licenciado pola Escola de Belas Artes de Rennes e a Universidade de Rennes 2, é profesor, conferenciante, comisario e crítico de fotografía.
En 2015 foi galardoado co Prix Voies Off en Arles e o Premio de Fotografía Solas en Dublín. En 2016, foi nominado ao Merck Preis Darmstädter Tage der Fotografie, e despois foi nominado ao Renaissance Photography Prize.
Expón regularmente en Francia e no estranxeiro, en museos, galerías e festivais.
Desde 2014 está representado pola galería Binome de París e a galería Cuadro Art de Dubái.