O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Para render homenaxe ao autor de Lourenzá a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora D. Paco, así como coa de numerosas editoriais galegas (Xerais, Bolanda, Ir indo e Galaxia) e entidades e empresas de diversos sectores como Renfe Viajeros, Gadis, Vegalsa-Eroski, Feiraco e Xurdir, entre outras, ten preparado un intenso programa de actividades con máis dun centenar de propostas no ámbito literario, deportivo, musical, escénico, académico e escolar.
Documentos relacionados
- Programación1.53 MB