Martín Códax

 

O autor das cantigas

Martín Códax é o autor das cantigas de amigo que nos transmite o Pergamiño Vindel, onde figura escrito o seu nome, na marxe superior esquerda, con letras vermellas. Se ben da súa obra se levan escritas, talvez, milleiros de páxinas, nada se sabe con seguridade da súa traxectoria. Descoñécese a súa procedencia, así como os lazos que o unían a Galicia. Tampouco se teñen noticias sobre o contexto cortesán no que realizou a súa actividade, encadrada posiblemente a mediados ou no último terzo do século XIII. No medio desta neboeira, Martín Códax eríxese como unha voz senlleira do lirismo medieval galego-portugués.

En 1998, a Real Academia Galega dedicoulle, canda os poetas Meendinho e Johan de Cangas, o Días das Letras Galegas.