O gran punto de inflexión na transformación do conxunto de San Simón foi o desenvolvemento do plan director das illas impulsado pola Xunta de Galicia, que é a administración que actualmente xestiona o conxunto de San Simón. Un plan director elaborado en 1998 polo prestixioso arquitecto galego César Portela, que posibilitou a rehabilitación de todo o arquipélago para dotalo de uso cultural e público, nun proceso que se prolongou máis de oito anos. O proxecto de rehabilitación destaca pola conservación e posta en valor do patrimonio da illa a través dun esmerado tratamento paisaxístico do conxunto e a aplicación de criterios funcionais ás distintas edificacións deste espazo.
- Peirao dos Oficiais
- Casa do garda e administración
- Embarcadoiro
- Capela de San Simón
- Casa da cultura e dos deportes do mar
- Cafetería e restaurante
- Avenida de Teruel
- Vista do illote das Cobreiras
- Vistas ás costas de Redondela
- Miradoiro da boca da ría
- Paseo dos buxos
- Peirao do Capitán
- Monumento aos trobadores do mar de Vigo
- Edificio de cursos e seminarios
- Auditorio multiúsos
- Central eléctrica. Aseos
- Xardíns e espazos exteriores
- Residencia Stella Maris
- Campo das alocucións
- Paseo emparrado e monumento ao capitán Nemo
- Casa de baños
- Ponte
- Illa de San Antonio
- Peirao dos Piratas
- Peirao das Monxas
- Centro de interpretación e documentación
- Peirao do Cagarrón
- Miradoiro do fondo da ría
- Cemiterio e osario