Premios da Cultura Galega 2011

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia convocou a través da orde do 7 de xuño de 2011 os Premios da Cultura Galega dese ano, para apoiar o labor creativo na comunidade e a súa expansión nos novos espazos, así como a creación de códigos de intercambio con outras sociedades, a través das sete modalidades establecidas nas bases.

PREMIADOS

Premio Cultura Galega das Letras: Arcadio López Casanova.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas: Manuel Paz Mouta.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas: Francisco Cadaval Ayaso.

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural: Fundación Aquae Querquennae Via Nova.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia: Carlos Núñez Muñoz.

Premio Cultura Galega de Música: Rogelio Groba Groba.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual: María Pujalte Vidal.

 

Gala de entrega transmitida pola tvG2

 

ESCULTURA DE LEIRO E XURADO DOS PREMIOS