Rexistro de fundacións e asociacións

Correspóndelle á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a xestión dos rexistros das asociacións e fundacións que desenvolven as súas actividades e que teñen o seu domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición no rexistro de asociacións e no rexistro de fundacións de interese galego

 

Censo de asociacións e entidades culturais, da Consellería de Cultura e Turismo

Para darlle cumprimento ao estipulado no artigo 5 do Decreto 44/2001, do 1 de febreiro, polo que se establece a refundición da normativa en materia do censo de asociacións e entidades culturais, a Dirección Xeral de Políticas Culturais, unha vez aplicadas as claves de clasificación correspondentes, asígnalles un código de identificación do censo ás asociacións e entidades culturais que o solicitan.