Os dous edificios situados aos lados da porta de acceso á illa, de planta baixa, foron recuperados dispoñendo un espazo a modo de soportal con cubrición de vidro soportado por estrutura metálica. En tempos do lazareto e da colonia penal aloxaban a caseta do garda e o locutorio. Actualmente esta dotación, que conta con despacho, sala de reunións e aseos, utilízase como vivenda do garda e lugar de recepción aos visitantes.
Vivenda do garda
