A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou en 2014, mediante a orde do 21 de abril, os Premios da Cultura Galega para o ano 2014, con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais, que recibiron nesta ocasión un lenzo do pintor Antón Pulido.
Os premios entregáronse na Cidade da Cultura de Galicia, nun acto televisado que xogou coa poética do mar, coincidindo coa celebración do centenario da aparición do Pergamiño Vindel coas cantigas de Martin Códax.
As imaxes de Lois Patiño, a música de Uxía e de Nani García e as intervencións artísticas do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo envolveron o acto de entrega.
PREMIADOS
Premio Cultura Galega de Letras: Xosé Neira Vilas.
Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Galería Trinta.
Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Cándido Pazó.
Premio Cultura Galega de Música: Festival de Ortigueira.
Premio Cultura Galega de Audiovisual: Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes).
Premio Cultura Galega de Lingua: David Mackenzie.
Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Grupo Marcelo Macías.
Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Centro Pen Galicia.
Vídeo da Gala da entrega transmitida pola tvG2
ENTREGA DE PREMIOS