Premios da Cultura Galega 2010

A Orde do 24 de setembro de 2010 creou os Premios da Cultura Galega. Co obxecto de distinguir as persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do capital intelectual tanto en Galicia como no exterior, a convocatoria estableceu sete modalidades.

PREMIADOS

Premio Cultura Galega das Letras: Agustín Fernández Paz.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas: Menchu Lamas Pérez.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas: Eduardo Alonso Rodríguez.

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural: Fundación Barrié de la Maza.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia: Editorial Galaxia.

Premio Cultura Galega de Música: Orquestra Sinfónica de Galicia.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual: Vaca Films.

 

Convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2010

Resolución do xurado dos Premios da Cultura Galega 2010

 

ENTREGA DE PREMIOS