Conservación e accesibilidade das torres da Baixa Limia

Custo total da operación: 295.510,87 €

Axuda FEDER: 230.753,23 €

Obxectivo: Aumentar o número de visitas previstas a lugares pertencentes ao patrimonio cultural

Situación: concellos de Xinzo de Limia, Sandiás e Porqueira. Baixa Limia (Ourense)

Temporización: Maio 2018 – novembro 2020

 

Actuación:

Os castelos, as estruturas abaluartadas e baterías costeiras, as torres e construcións fortificadas e os recintos amurallados urbanos son edificios históricos estreitamente relacionados coas rutas marítimas e terrestres e coa organización, estruturación, control e defensa do territorio ao longo do tempo. Polo seu tamaño e complexidade e pola perda da súa función defensiva, estes elementos frecuentemente presentan dificultades para a súa conservación, sendo necesario atopar novos usos para ocupalos.

 

 

As torres defensivas da Baixa Limia: Torre da Pena en Xinzo de Limia, Torre do Castro en Sandiás e Torre da Forxa na Porqueira foron cedidas polo Estado á Comunidade Autónoma coa consideración de ben de interese cultural. Ditas torres son propiedade da Xunta de Galicia e corresponden de forma preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre os inmobles adscritos á Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.

Dentro deste programa FEDER 14-20 prevese actuar na súa conservación, protección e promoción por medio da axeitada posta en valor para que estes bens poidan ser empregados como recursos para o desenvolvemento sostible e a promoción socio cultural, laboral e económica do ámbito territorial no que se atopan, aplicando criterios e políticas de actuación que persigan o desenvolvemento local, a creación ou promoción do emprego e o respecto polo medio ambiente.

A operación consiste nas seguintes actuacións:

  • Restauración e posta en valor da Torre da Pena e do seu contorno en Xinzo de Limia.
  • Consolidación e conservación da Torre do Castro en Sandiás.
  • Conservación da Torre da Forxa na Porqueira e consolidación do acceso.

 

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Contribuír á conservación do medio ambiente e do patrimonio cultural
Unha maneira de facer Europa