Parques arqueolóxicos

Os parques arqueolóxicos xestionados pola Xunta de Galicia recollen os tesouros do noso pasado co fin de transmitir ás xeracións futuras o máximo coñecemento sobre o noso legado e as nosas raíces.

Estes centros achéganse aos modos de vida dos nosos antepasados buscando fomentar a conciencia sobre o coidado e a protección destes recursos.

Para conseguilo combínase o rigor científico e unha presentación atractiva, didáctica e amena cunha ampla oferta cultural, lúdica e educativa que inclúe actividades de difusión e comprensión.

 

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa