Premios da Cultura Galega 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou mediante a orde do 5 de xullo de 2012 os Premios da Cultura Galega para o ano 2012. Os premiados recibiron nesta edición unha peza escultórica exclusiva do artista ourensán Xosé Cid. O acto de entrega, transmitido pola tvG2, celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia, e contou coas intervencións artísticas de Nova Galega de Danza, os debuxos sobre area de Dani Boullosa e a música de aCadacanto, Odaiko e Laura Alonso e Javier Otero. 

PREMIADOS

Premio Cultura Galega das Letras: Salvador García Bodaño.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas: Manuel Quintana Martelo.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas: Grupo de Teatro Airiños (Rianxo).

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural: Fundación Eduardo Pondal.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia: Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Premio Cultura Galega de Música: Manuel Rodeiro.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual: Miguel Anxo Fernández Fernández.

 

Gala de entrega transmitida pola tvG2

 

ENTREGA DE PREMIOS