"Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño" presenta unha visión poliédrica e actual do Camiño de Santiago a través da mirada de dez artistas que empregan a fotografía como medio.
As referencias ao Camiño de Santiago son moi diversas nun tempo flexible que forma unha parábola introducindo dende perspectivas históricas ata deconstrucións modernas. O proxecto ofrece unha concepción ampla do feito de camiñar: o percorrido do territorio, novas interpretacións da peregrinación, a deriva, a mirada interior ou as relacións humanas.
Esta mostra quere abrir novos camiños ofrecéndonos a posibilidade dunha viaxe aberta e inclusiva na que proxectarnos sen un tempo establecido.
Enmarcada na colaboración da Fundación "la Caixa" co Xacobeo 21-22 e comisariada por Nicolás Combarro, a exposición nace como unha iniciativa itinerante que vai percorrer a xeografía galega entre setembro de 2021 e xullo de 2022.
Neste período estará en espazos exteriores das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, onde, ademais da parte expositiva, se desenvolverán actividades complementarias cos/coas artistas.
Artistas
Ligazóns
Documentos relacionados
- Dossier690.53 KB