A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024 en todas as súas modalidades, uns galardóns que teñen por obxecto recoñecer o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Xunta de Galicia, a través das áreas de Cultura e Igualdade, e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas polo Goberno galego, valorou as propostas en cada unha das modalidades para seleciconar aos gañadores, que recibibrán como premio unha escultura ou peza conmemorativa realizada por un/unha artista galego/a de acreditado prestixio e un diploma acreditativo.
Gañadores Premios da Cultura Galega 2024 en cada modalidade:
Letras: Manuel Lorenzo
Artes Visuais: Xosé María Pérez Barro
Artes Escénicas: Marta Pazos Antas
Música: Joaquín Martínez Silva
Audiovisual: Ficción Producións
Lingua: Julia Díaz Sixto
Patrimonio Cultural: Xosé Manuel González Reboredo
Proxección Exterior: Real Club Celta de Vigo Oliveira dos cen anos
banner_premios_cultura_galega.png