A Xunta de Galicia celebra este ano o centenario do nacemento de Luz Pozo Garza cunha decena de actividades entre exposicións, espectáculos musicais, actividades académicas ou iniciativas editoriais.
A principal actividade é a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022). Poesía, arte e vida, que dará cumprimento ao desexo expreso da propia autora, que en maio de 2016 fixo unha doazón da súa biblioteca e arquivo á Biblioteca de Galicia e ao Arquivo de Galicia.
A estes fondos sumaranse achegas de diversas persoas próximas á autora, doutras bibliotecas e arquivos, así como a documentación audiovisual sobre a súa figura.
Está comisariada por Olivia Rodríguez e poderá verse na Biblioteca de Galicia ata o 17 de outubro.
Luz Pozo Garza
A poeta Luz Pozo Garza iniciou o seu labor editorial en Nordés, revista de poesía e crítica da que foi directora. Formou parte da Real Academia Galega (RAG) como membro numerario desde 1996 e tamén foi membro do Centro PEN de Galicia. Os premios Tomás Barros de ensaio, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o da Crítica Española e a Medalla Castelao, son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.
Documentos relacionados
- Dossier741.55 KB