Premios da Cultura Galega 2013

No ano 2013, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporou por primeira vez á convocatoria de Premios da Cultura Galega unha nova modalidade de distinción, a de lingua, para apoiar o labor de persoas, colectivos ou entidades en prol do afianzamento do uso e a valoración social do idioma propio de Galicia. Os premiados foron distinguidos nesta edición cunha serigrafía do pintor Alexandro.

O acto de entrega de premios, transmitido pola tvG2, desenvolveuse na Cidade da Cultura de Galicia nun bosque natural de bidueiros, como referencia da forza da raíz da terra da que nace a creatividade. Talabarte, Lusco e Fusco, Najla Shami, o Centro Coreográfico Galego e Zoar Ensemble deron mostra da riqueza artística actual.

PREMIADOS

Premio Cultura Galega de Letras: Luz Pozo Garza.

Premio Cultura Galega de Artes Plásticas: Fundación Eugenio Granel.

Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Mostra de Teatro de Ribadavia (AbrenteMIT).

Premio Cultura Galega de Música: Juan Durán Alonso.

Premio Cultura Galega de Audiovisual: Bambú Producciones.

Premio Cultura Galega de Lingua: Asociación Punto Gal.

Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural: Museo Castro de Viladonga.

Premio Cultura Galega de Proxección Exterior: Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires.

 

Gala da entrega transmitida pola tvG2

 

ENTREGA DE PREMIOS