Este edificio, que estivo destinado a aloxamento da pasaxe de segunda categoría durante a época do lazareto e como zona de dormitorios da colonia e do fogar para nenos orfos, atopábase en pésimo estado de conservación. A súa remodelación permitiu respectar a súa fisionomía pero axeitándoo ás necesidades deste equipamento, que conta con catorce cuartos para a escola de vela, así como aulas e laboratorios con capacidade para 70 prazas, almacén e despacho.