PERTE Cultural

Foro Fondos Europeos

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, puxo en marcha o Foro Proxectos culturais e fondos europeos en Galicia coa finalidade de ampliar o conxunto de proxectos estratéxicos que Galicia estea en disposición de desenvolver no ámbito da cultura e que poidan optar a recibir financiamento de fondos europeos.

A dispoñibilidade de fondos europeos é unha oportunidade estratéxica que Galicia debe aproveitar para impulsar a cultura e a lingua, que reforce a fortaleza dos sectores culturais profesionais e que contribúa á súa transformación económica.

 

CONSULTA PÚBLICA

Para que todas as entidades e persoas interesadas poidan achegar as súas propostas, ábrese a opción de que se propoñan liñas de actuación ou proxectos concretos para que sexan valorados de cara á súa inclusión no documento final resultado do Foro Proxectos culturais e fondos europeos en Galicia.

As liñas de traballo que centrarán este proceso participativo basearanse nos seguintes retos conxuntos:

  • Fortalecemento da industria cultural e creativa galega
  • Transformación dixital da cultura galega
  • Actualización da rede de equipamentos culturais de Galicia
  • Impulso da creación e da oferta cultural
  • Desenvolvemento da cultura do medio rural de Galicia
  • Fortalecemento na produción en galego
  • Valorización do patrimonio cultural de Galicia

Poden enviar a súa achega ao correo electrónico da Secretaría Xeral de Cultura (secretaria.xeral.cultura@xunta.gal), empregando o modelo adxunto de "Documentos relacionados".

O prazo de envío de propostas rematará o 19 de abril de 2022.

Novas relacionadas

12/01/2023

Valora o Consello da Cultura Galega como unha institución que promove unha Galicia integradora, diversa e sen fronteiras

13/08/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, remite unha carta ao ministro da área, Miquel Iceta, para impulsar esta iniciativa, “que recoñeza o peso deste sector na economía e contribúa ao seu fortalecemento”

05/07/2022

“Un PERTE para a cultura é imprescindible para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación e internacionalizar o sector”, expresa

30/06/2022

O Consello da Xunta informa sobre a vintena de propostas para optar aos fondos europeos que se van enviar a Madrid: “A cultura non pode quedar á marxe da grande oportunidade que supoñen os fondos europeos”, di o titular do Goberno galego

25/03/2022

Vén de habilitase na web de Cultura de Galicia un procedemento para que entidades e persoas interesadas acheguen as súas propostas ata o 19 de abril

02/02/2022

Román Rodriguez chama a traballar unidos para aproveitar esta “oportunidade estratéxica de impulsar unha cultura mellor, unha cultura de vangarda que ten demostrado o seu peso na actividade económica do país”