Aviso: O Centro Coreográfico Galego amplía o seu programa formativo de verán con seis novos cursos intensivos en setembro

O Centro Coreográfico Galego amplía o seu programa formativo de verán con seis novos cursos intensivos en setembro

Mantén aberto ata o 17 de xullo o período de inscrición para estes obradoiros

O Centro Coreográfico Galego (CCG) mantén aberto ata o vindeiro 17 de xullo o prazo de inscrición para seis novos cursos intensivos de danza, cos que este departamento da Axencia Galega das Industrias Culturias (Agadic) amplía a setembro o programa formativo de verán que está desenvolver na súa sede da Coruña.

A través desta nova oferta didáctica, o alumnado terá a oportunidade de afondar en moi diferentes disciplinas coreográficas da man de destacados profesionais como Cristina Gallardo, Christelle Horna, Sylvia Martel, Amaury Lebrun, Gail Brevitt e Fernando Lázaro.

Dirixidos prioritariamente a bailaríns e bailarinas profesionais, coreógrafos/as, profesorado de danza e estudantes, estes obradoiros insírense no plan de formación continua que a unidade de danza da Xunta de Galicia promove durante todo o ano e dentro do que, durante este mes de xullo, están programados outros seis encontros con Íker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero.

Estado de trámite: En trámite

Comparte