Aviso: Resoltas as subvencións de 2015 ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos

Resoltas as subvencións de 2015 ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos

Once proxectos percibirán este ano 185.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica a resolución das súas subvencións  para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega para o ano 2015, outorgadas ao abeiro da convocatoria publicada no DOG número 41 do 2 de marzo de 2015.

En total, son 11 os proxectos beneficiados cos 185.000 euros cos que están dotadas estas subvencións para:

A. Longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos.

B. Desenvolvemento de proxectos de pilotos para programas de televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

Consulta aquí os proxectos.

Comparte