Aviso: Últimas prazas para participar no XXVI Curso Tamara Brooks de dirección, canto e instrumentos de corda

Últimas prazas para participar no XXVI Curso Tamara Brooks de dirección, canto e instrumentos de corda

O XXVI curso de verán Tamara Brooks de dirección, canto e instrumentos de corda vai ter lugar en Tui (Pontevedra) do 13 ao 23 de Agosto co prestixioso director nortemericano Brady Allred como convidado.

Será a ocasión perfecta de coñecer unha encantadora cidade histórica e a súa contorna á beira do río Miño compartindo uns días onde, ademais das actividades formativas propiamente ditas, o curso inclúe concertos, ensaios e obradoiros abertos ao público, interpretando obras tanto instrumentais como a-cappella ou para coro e orquestra procedentes de diferentes épocas e estilos, dende o Canto Gregoriano ata a música contemporánea, de autores emblemáticos como Tye, Tallis, Gibbons, Pachelbel, Quiroga, Schubert, Stanford, Saint-Saëns, Raminsh, Lauridsen, Hansson, Domínguez e Whitacre, da man dun equipo de profesores de ampla experiencia internacional.

Máis información e inscricións
 

Comparte