Aviso: Xornada de capacitación "Cultura e Innovación Tecnolóxica"
Xornada de capacitación "Cultura e Innovación Tecnolóxica"
Biblioteca Nacional de España, 9 de setembro de 2015
A Oficina Europa Creativa-Cultura organiza, xunto con Biblioteca Nacional de España, unha xornada de capacitación para os operadores das Industrias Culturais e Creativas centrada na innovación e na transferencia tecnolóxica no marco do novo subprograma Europa Creativa- Cultura. A xornada conta co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), a D.G de Asuntos Europeos e Cooperación co Estado da Comunidad de Madrid e a Rede Madrid Network.
Estado de trámite: En trámite