Aviso: Resolución das axudas 2015-2016 para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais

Resolución das axudas 2015-2016 para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 8 de outubro de 2015 pola que se lle dá publicidade á relación de concellos beneficiarios das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ata o 1 de abril de 2016
Estado de trámite: Resolto