Aviso: Clasifícase de interese cultural a Fundación Artiaga

Clasifícase de interese cultural a Fundación Artiaga

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza publica no DOG a orde do 13 de outubro de 2015 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Artiaga.

A Fundación Artiaga foi constituída en escritura pública outorgada en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 8 de xullo de 2015 e, segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto:

– A promoción e divulgación da cultura a través da arte

– Contribuír e participar no desenvolvemento humano, cultural, científico, social e do ambiente de Galicia

 – Promover o estudo da obra de José Artiaga e a conservación do seu legado cultural. Difundir a investigación e o estudo da figura e a obra do fundador. Contribuír á localización e catalogación da súa obra. Reunir o seu patrimonio bibliográfico e documental

– A promoción de novos artistas

– Protexer e amparar aos animais que necesiten asistencia

Comparte