Aviso: IV Concurso de Fotografía Lendo en Compostela

IV Concurso de Fotografía Lendo en Compostela

A Biblioteca Pública Ánxel Casal convoca, en colaboración con Micromedia Informática y Comunicaciones, a IV edición do Concurso de Fotografía "Lendo en Compostela".
Este concurso ten como finalidade o fomento da lectura mediante a imaxe como estímulo visual para descubrir o atractivo da lectura en calquera lugar e momento. As obras que se presenten deben ilustrar o lema do concurso, primando como motivo o libro, a lectura e a biblioteca pública en Santiago de Compostela.
 

O prazo de presentación das fotografías permanecerá aberto do 24 de outubro ata o 11 de decembro.
As bases completas poden consultarse aquí:http://rbgalicia.xunta.es/santiago/descargas/1445344551.pdf

Estado de trámite: Resolto

Comparte