Aviso: Xornada informativa sobre o programa Europa cos Cidadáns

Xornada informativa sobre o programa Europa cos Cidadáns

Europe Direct A Coruña, centro de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, en colaboración co Punto Europeo de Cidadanía, organizan unha xornada informativa sobre o programa Europa cos Cidadáns, nos seus capítulos de Irmandamento e Redes de cidades, orientada a técnicos e representantes de entidades e axentes locais galegos. 

A xornada terá lugar o próximo 6 de novembro na Deputación Provincial da Coruña (c/ Alférez Provisional, 2). 

Achégase o programa e o formulario de inscrición que deberá enviarse a europedirect@dicoruna.es  .

 

Estado de trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte