Aviso: Clasifícase de interese cultural a Fundación Elisa Abalo
Clasifícase de interese cultural a Fundación Elisa Abalo
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza publica no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de novembro de 2015 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Elisa Abalo, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A Fundación Elisa Abalo foi constituída en escritura pública outorgada en Caldas de Reis (Pontevedra) o 11 de setembro de 2015, ante o notario José María Graíño Ordóñez, co número de protocolo 1.441, por María Elisa Abalo Méndez, Carlos Méndez-Losada Abalo, Ana Isabel Morquillas Abalo, María Elisa Morquillas Abalo, Begoña Morquillas Abalo e Cristina María Morquillas Abalo, que actúan no seu propio nome e dereito.
Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos, a Fundación ten dous obxectivos principais: o primeiro, de carácter social, mediante o apoio a nenos desfavorecidos, e o segundo, de carácter cultural, a través da promoción e difusión da arte e da cultura en xeral e a divulgación, conservación e estudo da obra de Elisa Abalo.