Aviso: Incoación de expediente para a declaración de ben de interese cultural da pintura mural de Urbano Lugrís González na rúa Real da Coruña

Incoación de expediente para a declaración de ben de interese cultural da pintura mural de Urbano Lugrís González na rúa Real da Coruña

Resolución do 21 de marzo de 2016

O mural representa unha paisaxe onírica e figurativa da península da Coruña, cun primeiro plano da cidade e coa presenza de elementos icónicos e representativos como a torre de Hércules, o castelo de Santo Antón, a cidade vella ou os desaparecidos muíños de vento de Monte Alto. 

A incoación anótase de forma preventiva no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, así mesmo, ábrese un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación, co fin de que as persoas que poidan ter interese poidan examinar o expediente e alegar o que consideren conveniente 

O réxime de protección que establece a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia aplícase de forma inmediata e provisional

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte