Aviso: Seis certames son os adxudicatarios en 2016 das subvencións a festivais do sector audiovisual

Seis certames son os adxudicatarios en 2016 das subvencións a festivais do sector audiovisual

Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (S8), FICBUEU e Freakemacine

A Agadic publica hoxe a relación dos seis certames adxudicatarios en 2016 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Entre eles distribuiranse, en diferentes contías, os 105.000 euros cos que se dotaron estas axudas, que incrementaron nun 16 por cento o seu orzamento respecto a 2015.

Deste xeito, apóiase con 24.395,08 euros a duodécima edición do Play-Doc Festival Internacional de Documentais, que dá comezo esta noite en Tui, así como o XIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto de Santiago de Compostela (22.789,36 euros), o XIII Festival de Cans (22.218,76 euros), a sétima (S8) Mostra Internacional de Cinema Periféricoda Coruña (18.076,25 euros), o IX Festival Internacional de Curtas (FIC) de Bueu (12.366,76 euros ) e o VIII Freakemacine (FKM) Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña (5.153,78 euros).
 

Comparte