Aviso: Convocatoria para a participación no MIPCOM de Cannes (Francia)
Convocatoria para a participación no MIPCOM de Cannes (Francia)
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración coa Asociación de Produtoras Independentes (AGAPI) e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), participará no mercado de contidos audiovisuais MIPCOM, que terá lugar en Cannes (Francia) entre os días 17 e 20 de outubro de 2016.
A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
Así mesmo, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.
Consulta aquí o procedemento