Aviso: Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro Centenario Camilo José Cela

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro Centenario Camilo José Cela

Obradoiro literario e plástico a cargo de Xandobela na Cidade da Cultura de Galicia

Trátase dun obradoiro literario e plástico, no que se traballará coa novela La colmena deste gran autor gañador do Premio Nobel de Literatura, do que se celebra o centenario do seu nacemento. A través das personaxes, escenarios e situacións, Cela retrata a realidade social dunha época da historia española caracterizada pola miseria, polos seus contrastes, pola súa frustación e incerteza propias da posguerra.

O mesmo que fixo Cela na novela, propoñemos xogar coa metáfora de La colmena a través dun obradoiro plástico e de recreación de esceas claves. A cada participante proporcionaráselle unha tarxeta dunha personaxe da obra no que cada un deberá mergullarse.

Estado de trámite: En trámite

Comparte