Aviso: Bolsas para participar no Encontro de Artistas Novos na Arxentina

Bolsas para participar no Encontro de Artistas Novos na Arxentina

A Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, e o Goberno de Arxentina levarán á cidade austral de Córdoba o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura de Galicia’, un evento destinado á promoción dos artistas emerxentes que se creou no Gaiás no ano 2011, consolidándose como unha das citas de referencia na axenda cultural de España.

Grazas a esta colaboración, a cidade arxentina de Córdoba acollerá do 5 ao 9 de decembro a 30 artistas: a metade españois e outra metade arxentinos.

O Ministerio de Cultura do Goberno de Arxentina oferta 30 bolsas, que para os 15 artistas procedentes de España, cubrirán os gastos da viaxe, aloxamento, comidas e o propio curso.

Ata as 19 horas do luns 24 de outubro, os interesados en participar poderán presentar a súa candidatura. As bases da convocatoria, con toda a información e as condicións para participar, están xa dispoñibles e poden descargarse na web www.cidadedacultura.gal.

Máis información, aquí.

Estado de trámite: Resolto

Comparte