Aviso: Axudas de 185.000 euros ao desenvolvemento de dez novos proxectos audiovisuais

Axudas de 185.000 euros ao desenvolvemento de dez novos proxectos audiovisuais

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura publica no seu web a adxudicación de 185.000 euros en axudas a un total de 10 produtoras galegas ao abeiro da convocatoria de subvencións de 2016 para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais. A través desta liña de apoio, contribuirase ao financiamento da fase de preprodución de cinco novas longametraxes de ficción en imaxe real, unha de animación e outra documental, ademais de dúas miniseries televisivas de ficción e unha terceira de animación.

O total adxudicado distribúese entre as propostas de Agallas Films (‘Choiva fina’), Abano Producións (‘Unicorn Wars’), Filmika Galaika (’Eles transportan a morte’), Ladybug Films (‘Dinogames. A serie’), Matriuska Producciones (‘As crisálidas’), O Cable Inglés (‘As mulleres non son de porcelana’), Portocabo TV (‘Auga seca’), Pulsa Control Z (‘O viaxeiro radical’), Vía Láctea Filmes (‘Aguia de brasón’) e Vaca Films (‘Quen a ferro mata’), ás que Agadic apoia na posta en marcha dos devanditos títulos.

Máis información, aquí.

Comparte