Aviso: Convocatoria de selección de actrices/actores para a produción Martes de Carnaval do CDG

Convocatoria de selección de actrices/actores para a produción Martes de Carnaval do CDG

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca o proceso de selección para a contratación de 10 prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonista (4 prazas) e de principais (6 prazas) para a produción do Centro Dramático Galego no ano 2017 de Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) de Ramón María del Valle-Inclán.

O procedemento de selección constará de dúas fases: unha primeira de valoración do currículo profesional e unha segunda que consistirá nunha proba de interpretación, á que accederán aquelas persoas que superen a primeira fase.

Os requisitos das persoas candidatas, solicitudes (forma, lugar de presentación e prazo), desenvolvemento das probas, tribunal e demais especificacións son as estipuladas nas seguintes:

-BASES DA CONVOCATORIA

As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica mediante este FORMULARIO NORMALIZADO no correo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. O prazo de recepción remata o próximo día 2 de xaneiro de 2017.

Como información complemetaria, xúntase enlace á normativa de equivalencias dos certificados de idioma galego.

Estado de trámite: Resolto

Comparte