Aviso: Resolución cos concellos beneficiarios das axudas para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas

Resolución cos concellos beneficiarios das axudas para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas

A listaxe inclúe os municipios subvencionados e excluídos da convocatoria de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 20 de marzo de 2017, pola que se lle dá publicidade a relación de concellos beneficiarios das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. 

No documento que se adxunta aparece a relación de concellos beneficiarios e excluídos destas axudas.

 

Estado de trámite: Resolto

Comparte