Aviso: Aberto o prazo para solicitar a participación no VII Encontro de Artistas Novos

Aberto o prazo para solicitar a participación no VII Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por sétimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no VII Encontro de Artistas Novos, coordinado por Rafael Doctor, que se celebrará do 27 ao 31 de agosto de 2017. 

O EAN busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o EAN traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados como Xosé Artiaga, María Cañas e Berta Álvarez Cáccamo para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte.

Cada un dos participantes no VII EAN terá a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. 

A consecución dunha praza no VII EAN inclúe matrícula de inscrición, estanza en réxime de pensión completa, transportes diarios desde Santiago ata a Cidade da Cultura e transportes para a visita ao MAC e CGAG.

Ademais, o Ministerio de Cultura da Nación da República Arxentina, a través da Dirección Nacional de Promoción Exterior da Cultura e do seu “PROGRAMA DE AXUDAS PARA PROXECTOS ARTÍSTICOS NO EXTERIOR (APEX)” cubrirá os gastos de traslado entre Arxentina e España, de tres artistas arxentinos que resulten seleccionados pola Fundación para participar na sétima convocatoria do EAN.

 

  • Poderanse presentar todos aqueles profesionais nados entre 1982 e 1999, ambos os dous anos inclusive.
  • Reservaranse ata un máximo de 10 das 40 prazas a artistas maiores de 35 anos tanto de galegos, nacionais ou internacionais.
  • A convocatoria é aberta e poderán incurrir a ela tanto estudantes e licenciados en Belas Artes -e afíns-, como todos aqueles que mediante a documentación presentada demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico. Se a solicitude provén dun colectivo, aqueles dos seus membros que quixeran ser beneficiarios dunha das prazas.
  • No "Foro Aberto" todos os participantes estarán obrigados a amosar os seus traballos mediante unha curta presentación a modo de conferencia de 10 minutos. 
  • A consecución dunha praza inclúe matrícula de inscrición, estanza en réxime de pensión completa e transportes diarios ata a Cidade da Cultura e aos diferentes centros de arte.
  • INSCRICIÓNS:

    Ata o 07/07/2017

    O prazo remata ás 15:00

Comparte