Aviso: Aberto o prazo de inscrición para o curso de verán Tamara Brooks de dirección, canto, coro e orquestra de cordas

Aberto o prazo de inscrición para o curso de verán Tamara Brooks de dirección, canto, coro e orquestra de cordas

Está aberto o prazo de inscrición para o 28º curso de verán Tamara Brooks de Dirección, Canto, Coro e Orquestra de cordas, a celebrar en Tui do 2 ao 14 de agosto, incluindo un seminario especial sobre a voz cantada na adolescencia impartido polo prestixioso Fernando Malvar-Ruiz, director do American Boychoir School en EUA.

http://www.camerata.es/site/gl

Prazas abertas para as actividades:
- Dirección (2 ao 7 de agosto)
- Canto (2 ao 8 de agosto)
- Orquestra de cordas (8 ao 14 de agosto)
- Seminario (9 dea gosto)
- Obradoiro/Coro especial (10 ao 14 de agosto)

Unha ocasión perfecta para facer música e coñecer a histórica cidade de Tui (á veira do Miño) e toda a comarca participando dos numerosos concertos e actividades complementarias deste curso.

Máis información e inscricións:
http://www.camerata.es/site/gl

Comparte