Aviso: Aberto o prazo de inscrición para a xornada Del libro a la pantalla - La oportunidad de la adaptación literaria

Aberto o prazo de inscrición para a xornada Del libro a la pantalla - La oportunidad de la adaptación literaria

Sesión informativa sobre as adaptacións literarias no cine e na televisión

Esta xornada, dirixida principalmente aos editores, axentes literarios e produtores audiovisuais, ofrecerá unha visión dos aspectos básicos das adaptacións literarias no cine e na televisión. Cun distendido formato de mesa redonda, trataranse temas como as estratexias de posicionamento no mercado para editoriais, as ferramentas para o proceso de transformación das obras, os aspectos legais que ambos sectores deben considerar e casos de éxito.

ORGANIZAN: Europa Creativa España, ICEX España Exportación e Inversiones e Academia de Cine.

DATA: Mércores, 20 de setembro de 2017

LUGAR: Academia de Cine, rúa Zurbano 3, Madrid

HORARIO: de 10:00 a 13:00.

 

MESA REDONDA

• Isabelle Fauvel. Consultora en adaptacións literarias ao audiovisual. Initiative Film.

• Gerardo Herrero. Produtor. Tornasol Films.

• Antonio Muñoz Vico. Avogado especialista en Propiedade Intelectual. Despacho Garrigues.

• Déborah Albardonedo. Axente literaria. Albardonedo Agencia Literaria.

Modera: Peter Andermatt. Director Oficina MEDIA España.

Trala mesa redonda Europa Creativa Cultura e ICEX presentarán moi brevemente as axudas e instrumentos para a venta de dereitos de tradución e a promoción de obras literarias europeas de ficción.

 

REUNIÓNS BILATERAIS

Pola tarde, a consultora Isabelle Fauvel estará dispoñible para ter reunións personalizadas cos asistentes. En caso de interese, cómpre indicalo no correo de inscrición.

 

INSCRICIÓN

Antes do 15 de setembro de 2017. Entrada libre ata completar prazas.

A inscrición realizarase mediante o envío dun correo electrónico a info@oficinamediaespana.eu indicando razón social e actividade da empresa así como nome, apelidos, número de DNI e cargo da persoa asistente.

Comparte