Aviso: Convenio de cooperación para a limpeza e restauración das Burgas

Convenio de cooperación para a limpeza e restauración das Burgas

Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ourense veñen de asinar un convenio de cooperación para a execución das actuacións de limpeza e restauración da Burga de Abaixo, uns traballos aos que se destinarán preto de 16.000 euros.

Con esta intervención, incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Consellería de Cultura, búscase corrixir os efectos causados polo paso do tempo e pola propia auga no ben. Unha vez rematados os traballos será o Concello de novo o que asumirá a xestión, mantemento e conservación das burgas.

Comparte