Aviso: Aberto o prazo de inscrición para asistir ao taller Na corda frouxa

Aberto o prazo de inscrición para asistir ao taller Na corda frouxa

Está aberto o prazo de matrícula para o curso Na Corda frouxa, impartido por Emilio Goyanes. Goyanes é especialista en clown e teatro físico e mostrará como se poden aplicar os fundamentos de teatro aos espectáculos de circo. Impartirá o curso no Salón Teatro de Santiago do 4 ao 6 de decembro de 9 a 15 horas. 

Destinado a profesionais das artes escénicas, especialmente para aqueles con experiencia previa no ámbito circense ou estudantes de circo, o encontro conta con 15 prazas, que serán adxudicadas por orde de inscrición. 

Comparte