Aviso: Apertura do prazo de matrícula na sétima edición da Master Class do Audiovisual Galego

Apertura do prazo de matrícula na sétima edición da Master Class do Audiovisual Galego

A Agadic e a Universidade de Vigo organizan a sétima edición da Master Class do Audiovisual Galego, que se desenvolve do 15 de novembro ao 18 de abril na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. A Master Class contará coa participación de 15 profesionais do sector para compartir cos participantes os diferentes planos de traballo nas producións de cinema e televisión.

O evento está aberto a estudantes, profesionais do sector e todas aquelas persoas interesadas no cinema galego. A matrícula é gratuíta e deberá formalizarse enviando ao correo audiovisual.agadic@xunta.gal o formulario que poderá descargarse desde o web da Agadic. O prazo de matrícula estará aberto dende o 10 de novembro de 2017 ata completar capacidade. 
 

Ligazóns

Comparte