Aviso: Resolución das axudas para entidades locais e institucións sen ánimo de lucro para impulsar a cultura
Resolución das axudas para entidades locais e institucións sen ánimo de lucro para impulsar a cultura
A Consellería de Cultura e Educación acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas a institucións sen fins de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos destinadas ao financiamento de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. 21 asociacións culturais e 12 concellos recibirán axudas por un valor total de 50.000 euros.
A dotación das axudas está destinada ao financiamento dos gastos correntes derivados da realización das actividades subvencionadas, en cuxa selección se valoraron características como a antigüidade do evento, o seu carácter continuado, o seu interese e relevancia artística ou a calidade das programacións