Aviso: Subvencións concedidas ao financiamento de intervencións arqueolóxicas

Subvencións concedidas ao financiamento de intervencións arqueolóxicas

A Consellería de Cultura, Eduación e Ordenación Universitaria publica a resolución do 26 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 8 de marzo de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 56, do 22 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade. 

Estado de trámite: Resolto

Comparte