Aviso: Xornada informativa sobre o Programa Erasmus + para proxectos culturales

Xornada informativa sobre o Programa Erasmus + para proxectos culturales

En colaboración co Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), a Secretaría Xeral de Cultura convídaa/oa asistir á xornada informativa que sobre o programa europeo Erasmus+ terá lugar o vindeiro luns 15 de xaneiro de 2018 no edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A xornada está especialmente dirixida ás persoas que traballan no sector cultural de Galicia, tanto do eido público coma do privado.

O obxectivo é informar sobre as posibilidades que Erasmus+ ofrece para que este tipo de institucións poidan formular e financiar proxectos de formación formal e non formal, tanto proxectos de mobilidade como asociacións estratéxicas.

Os relatorios completaranse coa exposición de varios proxectos galegos de éxito. O programa será o seguinte:

09.00 h Inauguración da xornada

09.30 h Erasmus+. Bases do programa

10.15 h A educación das persoas adultas nas políticas europeas

11.00 h Pausa café

11.30 h Erasmus+ e a internacionalización das institucións de formación de persoas adultas: accións clave

12.30 h Mesa de boas prácticas: proxectos desenvolvidos en Galicia.

13.30 h Clausura da xornada

Para poder asistir, debe enviar o formulario de inscrición antes do día 11 de xaneiro. A capicidade está limitada a 175 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O día 12 de xaneiro enviarémoslle un correo electrónico, de ser o caso, coa confirmación da súa praza.

Prégase a máxima difusión desta información entre as persoas e as institucións interesadas. 

Para calquera dúbida, pode contactar con Mar Nogueira, asesora de Asuntos Culturais Europeos da Secretaría Xeral de Cultura, no enderezo electrónico mar.nogueira@xunta.gal ou no teléfono 881 995 021.

Estado de trámite: En trámite

Comparte