Aviso: Cultura aproba as táboas de avaliación documental de varias series documentais do patrimonio documental de Galicia
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Cultura aproba as táboas de avaliación documental de varias series documentais do patrimonio documental de Galicia
O ditame do Consello de Avaliación Documental contempla series das deputacións e dos concellos
Foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde do 10 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia.
A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia establece que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico. A resolución crea un marco cunhas táboas de avaliación documental para que se poida saber que se debe gardar.