Aviso: Cinco novos obradoiros gratuítos no Centro Coreográfico Galego
Cinco novos obradoiros gratuítos no Centro Coreográfico Galego
O Centro Coreográfico Galego amplía este outono a súa oferta formativa con cinco obradoiros gratuítos, que se desenvolverán en diferentes datas do último trimestre do ano como complemento ao seu Programa de Formación 2014:
OBRADOIROS GRATUÍTOS DE DANZA
1. DANZA CONTEMPORÁNEA, con Alexis Fernández (La Macana)
Datas: do 6 ao 17 de outubro
Horario: de 10.00 a 13.00 horas, de luns a venres
2. DANZA CONTEMPORÁNEA, con Bárbara Monteagudo
Datas: do 20 ao 31 de outubro
Horario: de 10.00 a 13.00 horas, de luns a venres
3. DANZA CONTEMPORÁNEA, con Kirenia Martínez e Armando Martén (Entremáns)
Datas: do 20 ao 31 de outubro
Horario: de 10.00 a 13.00 horas, de luns a venres
4. REPERTORIO CLÁSICO E NEOCLÁSICO, con Christelle Horna
Datas: do 15 de novembro ao 15 de decembro
Horario: de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres
5. REPERTORIO CLÁSICO, con Juan Miguel Hernández
Datas: do 4 de outubro ao 20 de decembro
Horario: de 10.00 a 14.00 horas, sábados
DIRIXIDOS A
Estudantes e profesionais da danza e das artes do movemento
NÚMERO DE PRAZAS
Máximo de 20 prazas por obradoiro. Para a celebración de cada taller é imprescindible contar cun mínimo de oito participantes.
INSCRICIÓNS
Os/as interesados/as deben enviar a solicitude de inscrición que se xunta como documentación aos enderezos electrónicos: actividades.ccg@xunta.es ou formacion.ccg@xunta.es. A aceptación no taller realizarase por rigorosa orde de inscrición e seralle confirmada ao/a alumno/a por correo electrónico e/ou teléfono.