Aviso: Resolto o XX Premio Elías Valiña para o ano 2018
Resolto o XX Premio Elías Valiña para o ano 2018
A Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid e a Asociación Compostelle 2000, distinguidas co galardón
A Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid e a Asociación Compostelle 2000 foron distinguidas co XX Premio Elías Valiña, un galardón que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que está dotado con 10.000 euros. Tamén foi recoñecido cunha mención especial o labor levado a cabo por Joseph Leutenegger.
O obxectivo principal do certame é valorar o esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago.