Aviso: Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2

Resolución do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo

Por Resolución do 7 de outubro de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, declárase aberto o prazo para presentar a documentación relativa á fase de concurso. Os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública.
 

Estado de trámite: En trámite

Comparte